jueves, 8 de mayo de 2014
sábado, 18 de enero de 2014
1º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "CUDEIRO ANTIGO"
Deixamos aquí as bases do primeiro concurso de fotografía "CUDEIRO ANTIGO"
Dende a A.V.V. San Pedro de Cudeiro queremos animarvos a participar e compartir a historia da vila co pobo. Recordámosvos que a exposición e a resolución do veredicto levaranse a cabo o día da Romaría do San Pedro, a finais do mes de xuño.
Participantes: Poderán
participar todas aquelas persoas que posúan fotografías antigas da zona de
Cudeiro e os seus veciños.
Temática: As imaxes
presentadas teñen como obxectivo reconstruír
fotograficamente a vida e a historia do barrio de Cudeiro.
Obras: Cada
participante poderá presentar cantas fotografías desexe, sempre que sexan da
súa propiedade e teña dereitos de uso e difusión sobre as mesmas, de acordo coa
Ley Orgánica 15/1999 de 13 de decembro
de Protección de datos de carácter persoal. Non poderán participar os membros da
Asociación de Veciños San Pedro de Cudeiro no concurso, pero, si aportar imaxes
para a exposición.
Como participar: As fotografías poderanse entregar aos membros da directiva ou poñéndose en contacto no 617 241 989 e devolveranse ao finalizar o concurso.
Os
participantes deberán facer constar os seus datos persoais (facilitarase un documento a cubrir que consta dos seguintes datos:)
-Nome e apelidos .
-DNI
-Dirección de correo electrónico e/ou teléfono de contacto
-Datos da fotografía que se coñezan e breve descrición.
-Autorización
expresa para que a AAVV poida realizar a
súa exposición pública, e que, a copia dixitalizada pase a formar parte dos seus
fondos.
-As
fotografías non poderán ser utilizadas para fins comerciais sen permiso expreso
dos seus donos.
Exposición.- Serán
descartadas aquelas fotografías que non cumpran as bases do concurso.
Data de admisión.- A
data de recepción de orixinais comezará o 18 de xaneiro de 2014 e rematará o 10
de xuño de 2014.
Xurado.- O xurado estará
composto por un directivo da AAVV San Pedro de Cudeiro, un membro de un equipo
de profesionais relacionados coa historia e a fotografía e un veciño non
participante do concurso.
Premios: Haberá dous
premios. Un para a fotografía de maior calidade artística e outro para a
fotografía de maior relevancia histórica.
Os
premios consistirán nunha reprodución en 60X70 cm. das fotografías gañadoras.
-O
premio entregarase o día da romaría do San Pedro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)